Unha iluminación moi respectuosa e moi emocional, así define Manuel Martínez Carazo, arquitecto e redactor do proxecto, a nova iluminación da Catedral de Tui. O obxectivo, tal e coma explicou na Radio Municipal, era por en valor o templo tamén durante a noite, cunha iluminación que acompañara ao edificio e que conleva amais un aforro do 50%. O templo catedralicio ilúminase de novo cada noite coma faro sobre o outeiro de pedra de Tui.