“Ribadelouro: terra e auga é vida” é o libro que Manuel Vázquez de la Cruz presentou o pasado sábado na Sala Félix Rodríguez. É, nas súas palabras, unha homenaxe á Ribadelouro, ao seu pai, e un chamemento a que non se desfagan os bosques. Así nolo contou o pasado venres en Día a Día.