En Salceda o lume afectou a seis das sete parroquias. O Concello montou un operativo tentando coordinar os efectivos e aos propios veciños que se organizaron para facer fronte aos incendios. Segundo explicou o alcalde, Marcos Besada.
No CRA Raíña Aronga suspenderon as clases debido a que a meirande parte dos profesores veñen de Ourense, e tamén no IES de Parderrubias debido ao fume. Mantense a normalidade no CEP Altamira.