A feira cabalar de San Telmo celebrarase o luns de San Telmo, este ano en horario de mañá. Como cada ano, terá lugar en San Batolomeu co inicio ás 10 da mañá con exhibicións, concursos de cabalo español e árabe e concurso especial para a copa de Galicia de cabalo de raza galega. Xa a partires das 13h celebrarase un espectáculo de alta escola con números de circo.