"Senior" é o título da comedia que mañá ás 21.30h presenta Culturactiva no Teatro Municipal de Tui. Con moito humor abordan a chegada aos 50 anos, e fano cos actores Luís Iglesias e Marcos Orsi. Este último falounos da obra que estreada hai un ano e que mañá chega a Tui.