Dentro da programación da décima edición do IKFEM este sábado ás 22.30 h no Jardim Municipal de Valença actuará María Toledo con música flamenca. Con ela compartiamos esta mañá no programa Día a Día, onde explicaba o traballo detrás de cada tema e avanzaba coma será o concerto desta fin de semana.