Celebrarase baixo o título “Educando en positivo” a cargo de Maxi Rodríguez Hernández, psicóloga, DEA en psicoloxía evolutiva, procesos cognitivos e dificultades de aprendizaxe e especialista en neuropsicoloxía do Centro de Estimulación e Aprendizaxe Arrolán. No mesmo abordarase a importancia de educar establecendo normas e hábitos pero tamén educando as emocións que nos leven a promover un pensamento positivo. Búscase así mesmo fomentar a empatía e a autoestima.