A voz de 500 nenos e nenas de Galicia e Portugal encherá mañá a praza de San Fernando na celebración de "No Bico un Cantar". Interpretarán “San Campio, romaría galega”, “Veira dó mar”, “Oh rama oh que rama linda”, “No Rego do Prado”, “San Campio, Romaría galega”, e “Maio longo”. Maximino Zumalave é o director deste evento musical que organiza o Consello da Cultura Galega da Conselleria de Cultura e Turismo e da Conselleria de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia coa colaboración do Concello de Tui.