Esta fin de semana a cultura urbana chega a Tui por partida dobre co I Trofeo de Hip Hop e co Concurso de Graffiti.
Por unha banda o pavillón municipal acollerá este domingo o “I Trofeo de Hip Hop Cidade de Tui”. Por outra parte tamén o domingo pero dende as 11:00 celebrarase de xeito paralelo un concurso de graffiti nunha das fachadas do novo pavillón municipal.