Co avance da tecnoloxía o uso dos drons ampliouse e pasa de ser un utensilio para fotografías e vídeos a unha ferramenta para diversos usos profesionais. Na actualidade pódense utilizar entre outras cousas para estudos e medicións, inspeccións de estruturas, cartografías, topografía.. É por iso, que a lei trata de concretar cada vez máis o uso estes aparellos. Estivo esta mañá connosco Miguel Garrido, o presidente de traballos técnicos con drons Dronegal, quen nos explicaba o que esixe a lei para poder manexar un dron.