Este mes de xullo se celebran actividades de turismo e deporte inclusivo organizadas pola asociación de persoas con discapacidade Vontade de Tomiño. É un dos proxectos gañadores do Orzamento Participativo Transfronterizo deste ano presentado por Vontade xunto coa Asociación Deportiva e cultural da juventude de Cerveira. A idea do proxecto é non solo para o mes de xullo senón tamén, para o inverno. Nas actividades de verán haberá tres modalidades de participación, unha de deporte turismo inclusivo para amosar o patrimonio cultural e fluvial do rio Miño, outra de orientación e unha proba de Slalom. O proxecto está tendo unha gran acollida con cerca de 160 persoas con mobilidade reducida inscritas de toda Galicia e Portugal.