Unha véntena de voluntarios traballan estes días en preparar o verde e a flor para a elaboración das alfombras florais do Corpus este sábado en Tui. O chamamento que faciamos a pasada semana de que precisaban máis xente xurdiu efecto e son máis as persoas que se afanan no claustro da Catedral cos preparativos do material.