O Espazo Xove de Tui planifica para estes primeiros meses do ano unha xornada de contacontos e un curso de blogues, para os que non hai datas fixadas polo momento. O que si está confirmado é o curso de composición musical, que se desenvolverá 4 xoves, o 18 e 25 de febreiro, e o 3 e 10 de marzo. O prazo de inscrición está aberto até o 15 deste mes.