No tempo do Espazo Comercio hoxe recibimos a Mónica Rodríguez de ElectroTui Expert. Este establecemento conta cunha longa traxectoria de máis de tres década, e dende hai tres anos ten nova xerencia. Dedícanse á venda de electrodomésticos e menaxe, ofertando servizo técnico de reparación de electrodomésticos, e antenista.
Mónica Rodríguez destacaba a importancia do comercio local porque ofrece un servizo de cercanía, personalizado e xera emprego no municipio.