A parroquia tomiñesa de Vilameán celebra este sábado a XXXIV Festa do Carballo. Unha celebración que se desenvolverá ao longo de toda a xornada e na que non faltará a animación musical, as actividades infantís e a degustación das castañas.
Coñecemos todos os detalles deste festexo, no que terán 200 quilos de castañas para degustar, con Noel Claro, un dos organizadores desta cita, e Marcos Casaleiro.