O salón de actos da Aula da UNED, no antigo convento de San Domingos, acollerá hoxe ás 18.30h a proxección da curtametraxe "La mujer invisible" ao que seguirá un debate co obxectivo de dar a coñecer a realidade da situación das mulleres que se ven na obriga/coacción de exercer a prostitución e tamén de que se visualice o traballo da asociación Médicos del Mundo. A directora deste documental Noemí Chantada falounos do seu traballo, previa a súa presenza esta tarde en Tui.