O Cineclub Tui ten esta semana unha programación especial con motivo do V Congreso EDUCODS, promovido polo CEIP nº1 de Tui. Haberá unha dobre proxección gratuita no espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela.
Mañá martes poderase ver "Adeus rapaces" e o xoves día 5 "Proxecto Nim". Ambas proxeccións serán as 20.00 horas. Así nolo contou hoxe Noemí Guisande, do Cineclub Tui.