Recuperar a historia da navegación de Galicia é o obxectivo da exposición "Inventio Mundi" que dende esta tarde se pode visitar na Sala Municipal de Exposicións en Tui.
Ofelia Rey, comisaria da mostra, explicounos hoxe os detalles desta exposición que conmemora o centenario da aventura de Magalhaes e Elcano, e recolle a súa relación con Galicia.