Ás nove e media desta noite comezará no Parque do Laxal en Rebordáns, en Tui, a XVII Noite Internacional do Miño organizada pola Escola de Música e Baile San Fins coa colaboración do Concello de Tui.
Esta edición ten un acento marcadamente Suramericano, con grupos de Colombia, Costa Rica e Bolivia aínda que tamén de Hawai e África do Sur. Cinco grupos que a través do seu folclore xerarán un espectáculo que, como cada ano, espera reunir a centos de persoas.