Día a Día

Ent. Pepe Míguez, presidente ACITUI | Balance asemblea II


Listen Later

Hoxe no tempo do Espazo Comercio, o presidente de ACITUI, Pepe Míguez, deu conta de distintos asuntos que foron tratados a pasada semana na asemblea dos comerciantes.
Así por unha parte daba conta de que están recabando información sobre as pantallas situadas no centro urbano para pode empregalas, por exemplo, cando a asociación leva a cabo algunha campaña de promoción do comercio.
Por outra parte avanzaba que hoxe mesmo ían presentar por rexistro de entrada a solicitude para que de cara á campaña de Nadal se puidera aparcar nos recintos escolares.
Daba conta tamén da enquisa que ACITUI ten en marcha sobre o comercio e o estado de Tui. Van dirixidas á clientela do comercio local e son accesibles a través dun código QR. Están dispoñibles en máis dunha veintena de establecementos.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Día a DíaBy Radio Municipal de Tui