O pasado venres, 31 de outubro, ACITUI impulsou a campaña "Truco ou trato" polos comercios tudenses. Unha iniciativa na que participaron 56 comercios e a asociación entregou máis de 10 quilos de caramelos.
Pepe Míguez, presidente de ACITUI, fixo balance desta campaña e avanzaba que xa están traballando nas propostas que van realizar de cara ao Nadal.