Segundo a lenda, os trubincos son pequenos trasnos da mitoloxía de Salcedo, en Pontevedra, que baixan pola cheminea en Noiteboa. Gústalles enredar e causar desorde, polo que tradicionalmente se lles deixa un agasallo de piñas con brea para mantelos tranquilos. Hai bonecos para poder ter o noso propio trubinco na casa en Nadal.
Hoxe coñecemos como son estes trasnos da tradición oral galega co antropólogo Rafael Quintía.