Roberto Carrero, voceiro do PP, cualificou de lamentable o pleno celebrado onte sobre a rúa Concepción Arenal, cunha postura enfrontada entre os grupos de goberno de PSOE e BNG, con berros e insultos. Dicía que o alcalde, ten a sartén sobre o mango para que se arranxe a situación caótica de Concepción Arenal. E mesmo consideraba que unha vez aclarada esta situación o que debería dimitir é o propio alcalde.