Rubén Geyer estivo practicando estas últimas semanas no pavillón municipal de Tui a disciplina de ciclismo artístico, aproveitando as súas vacacións de verán. Trátase dun deporte que practica dende os 8 anos e no que acadou grandes resultados como o segundo posto a nivel nacional coa selección alemana. Hoxe coñecemos máis deste deporte con el e coa súa tía Vanesa Alonso.