Día a Día

Ent. Rubén López, dtor Conservatorio - Concerto de Fin de Curso 2018/19


Listen Later

Ás 20.30 h no Teatro Municipal da Área Panorámica terá lugar o Concerto de Fin de Curso do Conservatorio Profesional e a Escola de Música de Tui.
Explicaba Rubén López, director do Conservatorio, que o concerto deste ano será distinto ao de cursos anteriores, xa que no mesmo se plasmará o resultado do proxecto no que levan traballando coma é a estrea dunha Big Band.
Interpretarán temas coma "Benny Goodman Memories", "New York, new york", actuando neste último a cantante Silvia Alonso como solista.
As entradas, de balde, poden retirarse dende ás 19.20 h no vestíbulo do teatro. Dende as 20 h o alumnado pode recoller as calificacións do curso.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Día a DíaBy Radio Municipal de Tui