Este ano o festival xira en torno a figura de Diego de Avellaneda, obispo de Tui durante case unha década no século XVI. Poderase coñecer a súa historia, a do seu sepulcro e a súa chegada o Museo Nacional de Escultura. Comenzará o sábado cunha viaxe pola música relixiosa do século XVI e continuará durante toda a semana con concertos de artistas xa consolidados como Germán Díaz ou Tina Masawi sen esquecer o compromiso cos novos interpretes como Julia Caro ou Carlos Puga . Haberá tamén poesía a cargo de Yolanda Castaño, e un obradoiro de imaxinería castelá, encontros no ambigú e os tradicionais percorridos nocturnos con Suso Vila onde descubrirán o legado de Diego de Avellaneda na catedral de Tui.