Dende este martes as campás da Catedral tocan ás 20.30 h chamando ao concerto diario de Música No Claustro. Faino da man da Asociación de Campaneiros de Galicia, tras a recente declaración do toque de campás coma Patrimonio da Humanidade por parte da UNESCO, Para falar desta intervención sonora acompañáronnos en Día a Día Samuel Diz, director do festival, e Andrés Barreiro, da Asociación de Campaneiros de Galicia.