O músico e investigador tudense, Samuel Diz recupera a figura de María Teresa León e Federico García Lorca no seu último disco "Memoria de la melancolía", xa á venda. Son 15 composicións musicais, orixinais da xeración do 27 e o exilio republicano español, gravadas na Huerta de San Vicente. Unha homenaxe a vida da escritora e feminista María Teresa León.