A Semana da Educación de Tomiño chega á súa terceira edición baixo o lema ‘Da casa á escola: ferramentas para unha educación eficiente’para visibilizar a importancia da educación na sociedade.
Destacados profesionais do mundo da comunicación, a psicopedagoxía e a investigación afondarán en diversos aspectos da educación. Estivemos a falar con Sandra González, alcaldesa de Tomiño, sobre esta iniciativa pola que teñen pasado noutras ocasións algunhas das voces máis recoñecidas do mundo da educación.