O 15-K do Atlántico presentou onte a súa programación oficial para a edición deste ano que inclúe como novidade o Desafío Santa Trega que enfrontará ao ciclista Álvaro Pino con 300 atletas no dia anterior a carreira.
Xa o domingo, celebrarase a tradicional carreira e a andaina do 15-K que sae dende Oia e remata na Guarda. O prazo de inscrición remata mañá e ten un custe de 15€ para a carreira e 4 para a andaina.