Seis espectáculos conforman a programación teatral dos meses de febreiro e marzo no Teatro Municipal de Tui. Haberá tres obras de teatro, dúas para público adulto e unha para público infantil, celebrarase o undécimo aniversario da Eurocidade Tui-Valença cun concerto, a maxia chegará con perspectiva de igualdade e proxectarase o filme ‘Canta 2’.
Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura, explicounos hoxe o programa.