A Deputación de Pontevedra e a CIM Alto Minho traballan na constitución dunha Asociación Europea de Cooperación Territorial, a AECT Río Miño, que contará con entidade xurídica propia. Toman coma modelo a seguir do grupo interrexional do Río Danubio, que reúne a dez países para potenciar o territorio do río centroeuropeo. O obxectivo neste caso é desenvolver o territorio da fronteira. Tamén avanzan na redacción dun documento estratéxico. Destas cuestións falou hoxe na nosa sintonía o deputado Uxío Benítez.