En 2001 creouse o club de fútbol sala A Quinta de Tui que na temporada que agora remata contou con 9 equipos federados, dous seniors e sete de base, e máis dun centenar de persoas adestrando. Do estado do club e dos obxectivos para a próxima temporada faláronnos hoxe Rigo, o seu presidente, e Xacobe Morais, coordinador e adestrador. Agora pensan xa na próxima temporada na que fixan coma obxectivo contar tamén cun equipo senior feminino e outro de base. Para iso este sábado terán unhas xornadas de portas abertas para mozas nadas entre 2003 e 2011 no pavillón novo de Tui.