O Auditorio Municipal do Rosal acolle ás 19.30h a presentación do libro “Manual de Escola” do ilustrador gráfico e mestre do CPI Manuel Suárez Marquier, Xosé Tomás. O libro, en formato de historia gráfica ou banda deseñada, presentase ás 19.30 horas e conta coa colaboración do Concello do Rosal. Explicaba Xosé Tomás que este libro é un percorrido crítico a través de viñetas polo sistema educativo.O libro ten un custe de 8€ e poderase mercar na propia presentación e tamén nas librarías da comarca.