Hoxe ás 20.30h o Conservatorio de Música de Tui acollerá a presentación do último libro de Xosé Vázquez Pintor, unha obra teatral na que baixo o título “Nos espazos do soño. Diálogos de Amor e Amigo” se interceptan partituras xunto á trama, dotando do mesmo protagonismo a personaxes e música.
O acto contará coa presenza do autor, Xosé Vázquez Pintor, dos compositores Tomás Camacho e Gaël Camacho, do ilustrador Héitor Picallo (ilustrador) xunto a Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui; e José María Fonseca, de Bodegas Terras Gauda.
Durante o acto, representarase un fragmento da obra a cargo de Sara Malvido e que contará co acompañamento musical dos alumnos do conservatorio José Castro e Sergio Alonso, e o profesor Gabriel Silvera.