Un ataque informático, por un cryptovirus, mantén dende onte practicamente paralizados distintos departamentos do Concello de Tui. A concelleira Yolanda Rodríguez, explicou en declaracións á Radio Municipal de Tui que onte ao mediodía detectouse o problema nun ordenador e se activou o protocolo de seguridade para estes casos. Técnicos municipai, aos que se sumarán técnicos de Novas Tecnoloxías de Deputación, traballan dende onte para solucionar o problema. Hoxe non funciona nin o rexistro de entrada nin o de saída no Concello. Esta mañá presentarase denuncia por este ataque ante a Unidade de Delictos Informáticos da Garda Civil.