Nos primeiros días de outubro de 2023 a policía italiana detiña a galega Christina Moreira na praza vaticana de San Pedro baixo o cargo da presunta usurpación do “hábito talar”.
Christina Moreira, muller sacerdote católica, celebra misa (en galego, naturalmente) desde hai anos na Comunidade do Home Novo na Coruña, aínda que en aberta contradición coa oficialidade da Igrexa. Francesa e galega ao mesmo tempo, Christina mantén as súas raíces familiares nunha parroquia do concello de Paderne.