Roxín Roxal (programas de radio)

Roxín Roxal (programas de radio)

By Roxín RoxalArts
Download on the App Store

Roxín Roxal (programas de radio) episodes

  • A sanidade galega contra o xenocidio. Conversa co doutor Amir Ismaíl
    En Roxín Roxal estamos claramente comprometidos. O xenocidio en marcha na Palestina é a maior das catástrofes que nos tocou ver na nosa vida. Non podemos calar e faremos o que estea nas nosas mans para romper o muro de silencio e complicidade arredor desta traxedia.
    Por iso, despois das entrevistas con Mohamed Safa (31/01/25) e Sami Ashour (17/06/25), recibimos outro dos palestinos residentes na Galiza, membro activo de organizacións solidarias co seu pobo. Trátase de Amir Ismaíl, médico traumatólogo e organizador da Plataforma Sanidade Galega con Palestina.
    1 hr 12 min
  • Tecer poder popular. Entrevista a Iñaki Gil de San Vicente
    Iñaki Gil de San Vicente é un profesor e pensador vasco e marxista, coñecido polo seu activismo na esquerda abertzale. "Tesis contra el fascismo: 2005-2018" (DDT Liburuak, 2018), "'El Capital', un libro que asusta al capital… Y al reformismo" (Boltxe Kolektiboa, 2019) e "Pensar y practicar el marxismo" (Boltxe Kolektiboa, 2019) son os títulos dos seus últimos libros.
    Hoxe, entrevistado por Daniel Seixo, contamos con el no estudio de gravación da ACLP Roxín Roxal (Paderne, Galiza).
    Dispoñíbel tamén en YouTube: https://youtube.com/live/vvU8eiKczdQ
    1 hr 49 min
  • Prisciliano, un símbolo necesario, con Victorino Pérez Prieto
    A figura do bispo galaico Prisciliano (340-385), a primeira persoa condenada a morte pola Igrexa Católica na súa historia, arraiga especialmente na Galiza tardorromana e altomedieval. Executado por herexe, a súa figura é obxecto de continua investigación nos nosos días. O profesor e ensaísta Victorino Pérez Prieto (Hospital de Órbigo, 1954) é un destacado especialista no estudo de Prisciliano e o priscilianismo. O xornalista Daniel Seixo entrevistouno o pasado venres 12 de xaneiro de 2024 nos Diálogos de Paderne en liña.
    1 hr 39 min
  • Entrevista a Christina Moreira, muller galega, católica romana e presbítera
    Nos primeiros días de outubro de 2023 a policía italiana detiña a galega Christina Moreira na praza vaticana de San Pedro baixo o cargo da presunta usurpación do “hábito talar”.
    Christina Moreira, muller sacerdote católica, celebra misa (en galego, naturalmente) desde hai anos na Comunidade do Home Novo na Coruña, aínda que en aberta contradición coa oficialidade da Igrexa. Francesa e galega ao mesmo tempo, Christina mantén as súas raíces familiares nunha parroquia do concello de Paderne.
    1 hr 6 min
  • Enerxía eólica, como? Aproveitando as nosas renovábeis sen destruír o País. Daniel Seixo entrevista X. M. Golpe
    Xosé Manuel Golpe, enxeñeiro técnico industrial e experto en renovábeis, dános as claves indispensábeis para entender o noso presente eólico. Nun país normal os seus argumentos serían o pan de cada día nos medios públicos e privados. Aquí non.
    Non perdades de escoitar, enteira e con calma, a entrevista que Daniel Seixo lle fixo o pasado venres 15, desde o estudio de Roxín Roxal en Paderne.
    1 hr 3 min
  • Camarada Fraga. Daniel Seixo entrevista Manuel Monge
    O xornalista Daniel Seixo entrevista Manuel Monge, da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, sobre o recentemente estreado documental "Camarada Fraga", unha achega documentada á "cara B" do exministro franquista e expresidente da Xunta.
    1 hr 8 min
  • Entrevista ao debuxante Xoán Andrade
    O xornalista Daniel seixo entrevista desde o estudio de gravación de RR o debuxante, ilustrador, caricaturista e ensinante Xoán Andrade Vidal, autor de numerosos traballos que se expoñen até 08/03/23 no Edificio Arquivo de Betanzos.
    1 hr 14 min
  • A rosa incandescente: conversa con Anxos García Fonte.
    Desde o estudio de gravación de Roxín Roxal, o xornalista Daniel Seixo entrevista Anxos García Fonte, inspiradora, guionista e produtora da curtametraxe "A rosa incandescente". O filme, que repasa a vida de Rosalía de Castro como muller e escritora, foi galardoado co primeiro premio no festival de cinema de Castellaneta (Puglia, Italia).
    1 hr 7 min
  • Conversa co escritor Xesús Fraga (Premio Nacional de Narrativa) e Francisco Pico (autor de "Recordos daquel pasado")
    O xornalista Daniel Seixo entrevista o escritor Xesús Fraga é Premio Nacional de Narrativa (2021) co seu libro "Virtudes (e misterios)". Xesús prorroga o libro "Recordos daquel pasado", un estudo etnográfico sobre a parroquia de Vigo (Paderne) no que Roxín Roxal colabora. O seu autor, Francisco Pico Pena, e a súa neta Nuria están activamente presentes na conversa.
    1 hr 22 min

About Roxín Roxal (programas de radio)

From the publisher's feed

Programas de radio da Asociación Cultural Libre de Paderne Roxín Roxal. Información cultural na comarca das Marinhas (A Coruña, Galiza)