Roxín Roxal (programas de radio)

Roxín Roxal (programas de radio)

By Roxín RoxalArts
Download on the App Store

Roxín Roxal (programas de radio) episodes

  • Carlos Callón: O libro negro da lingua galega
    Conversa entre Carlos Callón e a presentadora María Gutiérrez sobre O libro negro da lingua galega, imprescindíbel novidade editorial do profesor e lingüista, que relata feito por feito os 500 anos de imposición do castelán en Galiza.
    Entrevista efectuada no estudio de gravación de Roxín Roxal, previa á presentación do libro en Betanzos (22/07/11).
    1 hr 7 min
  • Segredos de Labrada. Conversa con Branca Villar e Antón de Guizán
    Unha zona chea de inesperados segredos artísticos, históricos e naturais atópase (tamén) en perigo pola ofensiva dos macroparques eólicos, que ameaza con estragar o que queda do mundo rural galego. Branca e Antón, impulsores da Nova Poesía Guitírica (Guitiriz, Lugo) participan nesta imprescindíbel conversa en liña. O rural galego sabe defenderse!
    1 hr 19 min
  • A Torre de Teodomiro e o Monte do Gato
    O venres 29 de maio de 2022 tivemos nas nosas canles de YouTube e Facebook a Antón Malde e Aranza González, que nos falarán do próximo roteiro do día 8 de Maio, A Torre de Teodomiro. Malde explicounos a relevancia histórica e arqueolóxica da descuberta da Torre no Monte do Gato. Aranza comentounos os últimos acontecementos na loita que se desenvolve nas Mariñas en defensa da integridade dese espazo natural.
    1 hr 52 min
  • Francisco Rodríguez. A Idade Media, unha etapa estelar e conflitiva de Galiza.
    Antes da presentación en Betanzos do seu novo libro
    , o político e historiador Francisco Rodríguez mantivo esta conversa no estudio de gravación da ACLP Roxín Roxal. Rodríguez demostra no seu libro a singular importancia do Reino de Galiza no conxunto peninsular da Idade Media, unha preponderancia sempre ocultada e negada pola historiografía españolista.
    1 hr 21 min
  • O Pazo de Meirás é do pobo. Conversa con Carlos Babío e Silvia Seixas
    As visitas efectuadas ao Pazo de Meirás en setembro de 2021 ergueron un grande interese nos socios e achegados de Roxín Roxal. Nesta conversa, conducida por María Gutiérrez Calvete para o noso programa en Radio Filispim 93.9 FM (Ferrol e comarca), Silvia e Carlos achegan toda a información sobre as causas e o momento actual (decembro 2021) da loita polo Pazo. Carlos Babío é coautor do libro Meirás, un Pazo, un caudillo, un espolio. Silvia Seixas é unha das 19 de Meirás, colectivo encausado por un acto reivindicativo no mesmo Pazo. O sociólogo e xornalista padernense Daniel Seixo participa na conversa.
    1 hr 39 min
  • Mesa redonda: Que pasa no Monte do Gato?
    Acto em linha que tivo lugar o passado 20 de maio de 2021 sobre a problemática do Monte do Gato (Aranga, Coirós e Oza-Cesuras, na província da Corunha, Galiza) espaço natural ameaçado pola ofensiva dos parques eólicos. Participam Antóm Malde (arqueólogo), Fernando Bandín (naturalista), Aranza González (secretaria da Comunidade de Montes de Fervenzas) e Adela Figueroa (Adega).
    1 hr 51 min
  • Mesa redonda Patrimonio: como rematarmos co desastre
    Durante o confinamento pola Covid-19 producíronse en Galiza renovados atentados contra o patrimonio no medio rural. Esta é unha mesa redonda online organizada pola ACLP Roxín Roxal o 29 de maio de 2020, que contou coa participación de Antón Malde, Adela Figueroa, Xabier Moure, Soledad Felloza e Puri Soto.
    1 hr 44 min

About Roxín Roxal (programas de radio)

From the publisher's feed

Programas de radio da Asociación Cultural Libre de Paderne Roxín Roxal. Información cultural na comarca das Marinhas (A Coruña, Galiza)