Roxín Roxal (programas de radio)

O Pazo de Meirás é do pobo. Conversa con Carlos Babío e Silvia Seixas


Listen Later

As visitas efectuadas ao Pazo de Meirás en setembro de 2021 ergueron un grande interese nos socios e achegados de Roxín Roxal. Nesta conversa, conducida por María Gutiérrez Calvete para o noso programa en Radio Filispim 93.9 FM (Ferrol e comarca), Silvia e Carlos achegan toda a información sobre as causas e o momento actual (decembro 2021) da loita polo Pazo. Carlos Babío é coautor do libro Meirás, un Pazo, un caudillo, un espolio. Silvia Seixas é unha das 19 de Meirás, colectivo encausado por un acto reivindicativo no mesmo Pazo. O sociólogo e xornalista padernense Daniel Seixo participa na conversa.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Roxín Roxal (programas de radio)By Roxín Roxal