Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Entrevistas en profundidade con diversas personalidades que teñan algo importante que achegar ao Ateneo, á cidade, á cultura ou ao ámbito social.... more
FAQs about Entrevistas Radio Ateneo:How many episodes does Entrevistas Radio Ateneo have?The podcast currently has 203 episodes available.
April 19, 2021Entrevista a Abe RábadeAbe Rábade, pianista galego de jazz recoñecido a nivel europeo, vén de presentar un novo álbum: Sorte. Falamos con el en Radio Ateneo Podcast para coñecer máis sobre o seu disco....more17minPlay
April 12, 2021Entrevista a Alfonso EspiñoAlfonso Espiño é músico e investigador de Historia da Arte. Recibiu a mención «cum laude» na súa tese de doutoramento sobre a música moderna en Santiago. Hoxe hai 10 anos que se embarcaba nun proxecto editorial que puido saír á luz recentemente. Trátase de Compostela. Música moderna en Santiago (1954-1978), un libro no que Espiño documenta todas as orixes do pop e do rock na cidade, cheo de imaxes inéditas da época que nos fan descubir a historia da música compostelá da segunda metade de século....more14minPlay
April 06, 2021Entrevista a Ascensión CambrónAscensión Cambrón Infante é licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación. Presentou en 1987 a súa tese de doutoramento El socialismo racional de Ramón de la Sagra e é profesora emérita de Filosofía do Dereito, Moral e Política na Facultade de Dereito da Universidade da Coruña. Ademais, é presidenta da Asociación polo Dereito a Morrer Dignamente de Galicia e membro da sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega. Con ela conversamos sobre a recente aprobación da Lei da Eutanasia....more16minPlay
March 28, 2021Entrevista a Alberto SánchezAlberto Sánchez Sánchez á Enxeñeiro Químico pola Universidade de Salamanca (2006) e Doutor en Enxeñería Química e Ambiental pola Universidade de Santiago de Compostela (2013), grazas á súa investigación no campo do tratamento das augas residuais urbanas e industriais. Tras o seu Doutorado, incorpórase como investigador á Fundación Centro Galego de Investigacións da Auga (Cetaqua Galicia), na que actualmente exerce funcións de director. Completa a súa formación profesional no ámbito da xestión integral do ciclo da auga e a planificación estratéxica coa obtención do Máster en Xestión da Auga acreditado pola Universidade Politécnica de Cataluña e a Escola da Auga (2019)....more12minPlay
March 22, 2021Entrevista a X. M. Núñez SeixasXosé M. Núñez Seixas é Catedrático de Historia Contemporánea na USC e Doutor de Historia Contemporánea polo Instituto Universitario Europeo de Florencia. Forma parte dos consellos de redacción das revistas Historia Social e Passato e Presente. Ademais, dende 2018 é Vicepresidente do Consello da Cultura Galega. Está especializado no estudo comparado dos nacionalismos europeos e ibéricos, así como nos estudos migratorios e na historia cultural da violencia....more14minPlay
March 16, 2021Entrevista a Adela BértoloAdela Bértolo é unha xornalista especializada en cultura, actriz, reporteira, presentadora, Community Manager, organizadora de eventos… e, ademais, a gañadora do Premio Alfredo Vicenti 2020 polo seu artigo “#UNSEGREDOAVOCES. A loita feminista do alumnado da ESADg continúa na rede”....more8minPlay
March 08, 2021Entrevista a Marina MayoralMarina Mayoral é novelista e Catedrática xubilada de Literatura Española. Como novelista publicou 18 novelas e 4 libros de relatos e foi traducida a diversos idiomas. Recibiu numerosos premios como a medalla Castelao polo seu labor xornalístico a prol da cultura e os premios Ámbito Literario, Novelas y Cuentos, La Hucha de Oro... Como investigadora tamén publicou numerosos libros, edicións, traballos colectivos e artigos en revistas especializadas....more9minPlay
March 01, 2021Entrevista a José Manuel SabucedoJosé Manuel Sabucedo Cameselle é catedrático de Psicoloxía Social na USC, coordinador do grupo SOSOYPA e membro da asociación estratéxica CRETUS. Recibiu o Premio Galicia de Investigación (2006) e o Premio da Real Academia Galega das Ciencias (2020). Foi promotor e primeiro presidente da Sociedade Científica Española de Psicoloxía Social e editor da International Journal of Social Psychology. Con el falaremos das teorías negacionistas e conspirativas ou dos efectos da falta de socialización nos máis cativos, entre outras cousas....more16minPlay
February 22, 2021Entrevista a Miguel TaínMiguel Taín Guzmán é investigador e profesor da USC e leva toda a vida estudando o patrimonio da cidade de Santiago. Comezou o doutoramento en Francia e, ao seu regreso a Galicia, empezou a traballar no Arquivo da Catedral, momento no que realizou, baseándose en toda a documentación que alí atopou, a súa tese de doutoramento sobre Domingo de Andrade, a cal lle levou 10 anos de investigación....more10minPlay
February 16, 2021Entrevista a Beatriz GonzálezBeatriz González López-Valcárcel é Licenciada en Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutora en Económicas pola Universidade de La Laguna, ademais de profesora da Universidade das Palmas de Gran Canaria. Foi tamén presidenta da Asociación Española de Economía da Saúde entre 2004 e 2005 e da Sección de Economía da Saúde Pública da Asociación Europea de Saúde Pública (EUPHA) entre 2011 e 2012. Así mesmo, foi membro do Consello Asesor de Sanidade do Ministerio de Economía de España, representante de Canarias no Comité Consultivo do Sistema Nacional de Saúde e Presidenta da Sociedade Española de Saúde Pública e Administración Sanitaria entre 2015 e 2017. actualmente é membro do Grupo de Traballo Multidisciplinar COVID-19 do Ministerio de Ciencia e Innovación....more13minPlay
FAQs about Entrevistas Radio Ateneo:How many episodes does Entrevistas Radio Ateneo have?The podcast currently has 203 episodes available.