No Espazo Comercio, que realizamos en colaboración con ACITUI, hoxe achegámonos a Lúa, que abriu o pasado mes de decembro na praza de San Fernando. Isaac Míguez deu conta da "gastronomía líquida" que ofrecen, así coma as novidades que presenta o local para explorar novos viños.
Tamén avanzou que noutro local que xestiona, 4Elementos, comezarán este xoves as sesións temáticas da terraza nómada.