Lucía Nogueira, vicepresidenta de ACITUI, fixo balance hoxe no Espazo Comercio da Mesa do Comercio que celebraron a pasada semana co obxectivo facer unha diagnose realista da situación do sector. Avanzaba que se convocará cada dous meses para abordar a realización de campañas conxuntas, a aposta pola dixitalización e o reforzo da colaboración institucional, entre outros temas.
Por outra parte lembraba que o próximo mércores, 1 de outubro, ás 20.30 h na Sala Félix Rodríguez, ACITUI celebrará a súa asemblea.