Share Espazo negativo.
Share to email
Share to Facebook
Share to X
A continuación do episodio anterior - agora percorremos a breve pero intensa sección Galicia R deste ano, comentando as pezas de Eloy Domínguez Serén, Ángel Santos, Lois Patiño, e Lucía Estévez.
Un ano máis, a marabillosa xentiña do FICBueu contactou connosco para facer un especial comentando a Sección Oficial da edición deste ano. Dende Bélxica ata Brasil, fiando a identidade, a precariedade, e o estraño, facemos un repaso polas curtas que máis nos chamaron a atención, por un motivo ou por outro.
Neste capítulo falamos da película coa que voltamos ás salas: Dune, a nova xesta épica de Denis Villeneuve baseada no libro homónimo de Frank Herbert. Atravesamos o debate do comercial e do autor, a política, Oriente Medio, o ecoloxismo, as pelis antigas e os gusanos desérticos.
A pesares da conexión rural a internet, sentamos (por zoom) a falar co realizador galego Nacho Ozores sobre a súa última curta, o TOC, e a economía narrativa.
Este ano colaboramos co FICBUEU para traervos unha escolma de curtas da súa Sección Internacional que brilla pola súa diversidade, tocando temas coma a fe, a identidade, ou o xénero, actualizando aquel "no future" punqui, e non deixando a ninguén indiferente.
Neste episodio tinguímonos de violeta para dedicarlle un espazo ás mulleres no cine, nos videoxogos, e na música.
No capítulo número 0 de Espazo Negativo tocamos o tema da dicotomía independente - comercial namentres tomamos té. Descarrilamos un chisco e falamos doutras cousas tamén.
The podcast currently has 7 episodes available.