Un obradoiro monográfico sobre cabaré e aprender a xogar ao Carcasonne son as actividades que Mónica Bugarín nos presenta para este venres e que centran a actividade do Espazo Xove esta semana. Tamén deu os detalles sobre un novo curso de cociña no que se poderá aprender a facer entrantes e aperitivos de cara a este Nadal. Será o 19 de decembro.