O Espazo Xove de Tui acollerá este venres, 24 de abril, de 17 a 20 h un obradoiro de Prevención do Ciberacoso. Combinará parte teórica e práctica, e rematará cun xogo e un torneo.
Así nolo contou Vicente Fernández do Espazo Xove. Tamén lembrou que até o 29 de abril se poden solicitar as prazas para os Campamentos de Verán da Xunta de Galicia dirixidos a nenos e nenas con idades entre os 9 e os 17 anos residentes en Galicia. Amais deu os detalles dun curso de Monitor de Tempo Libre que vai ter lugar no Porriño.
Esta información pode ampliarse no Espazo Xove de Tui, na rúa Sanz, e nas súas redes sociais.