Hoxe acompañounos no programa Día a Día Mónica Bugarín, a directora do Espazo Xove Tui, con novas deste centro xuvenil e outras de interese para a mocidade.
Así deu conta que a mocidade que vén de cumprir 12 anos está a recibir xa o seu carné xove na casa, pero debe activalo no Espazo Xove. Deben previamente contactar co centro para confirmar que está a persoa que xestiona o carné xoves. Durante as dúas semanas do Nadal non se fará esta xestión.
O próximo día 20 de 17 a 19 h celebrarase no Espazo Xove o Obradoiro de Estampación Botánica e Saquiños Aromáticos. É gratuíta pero é precisa inscrición previa até o luns 18. Tamén até o 22 de decembro continúa os venres a CAI, e logo descansará até o 12 de xaneiro. Falou tamén dos Bono Deporte e dos Premios Xuventude Crea de Danza.