O mércores 23 o Espazo Xove de Tui levará a cabo unhas xornada de xogos de mesa de 17 a 18.30 h., que continuarán o 2 de marzo no mesmo horario. Así o explicaba a directora deste centro xuvenil. Mónica Bugarín.
Daba conta tamén das primeiras convocatorias para aprendizaxe de linguas no verán, en concreto o programa de inmersión lingüística da consellería de Educación que se pode solicitar até o 28 deste mes.