Repasamos os cursos e servizos que ofrece o Espazo Xove de Tui coa súa directora, Mónica Bugarín. Actividades co prazo de inscrición aberto, coma o Obradorio de emprego de marca persoal do xoves 12 de novembro ou o curso de iniciación á robótica que comeza o 19 de novembro. Tamén abertos os grupos da compañía artística interdisciplinar en teatro, baile, canto, pintura, cine, etc.
Tamén falamos do programa Correspondente Xuvenil 3.0 e das bolsas de formación en universidades en España e no estranxeiro.