432 alumnos ten neste novo curso o CEIP nº2. Aínda que teñen unha aula menos de Primaria contan cunha máis de Infantil segundo explicou o seu director Luís Ruíz. Destacou as obras feitas nos últimos meses pero pendentes teñen o cambio das fiestras e adecuar a antiga casa do conserxe que ocupaba nos últimos anos a sede do CRA para o comedor escolar ante a gran demanda deste servizo.